A relación ciencia e literatura a debate coa traducción ao galego de As Dúas Culturas

A relación ciencia e literatura a debate coa traducción ao galego de As Dúas Culturas

28 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

A primeira tradución ao galego da obra 'Ás dúas culturas', impulsada polo Consello da Cultura Galega e que recolle unha conferencia en 1959 do científico e novelista Charles Snow, ten o obxectivo de "actualizar" e abordar a "problemática" da relación conflitiva entre a ciencia e as humanidades ao longo da historia.

O presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, explicou que a publicación intentará colaborar ao "debate" nesta cuestión, "recoñecer o papel de Snow" --autor--, e iniciar unha serie de obras baixo o título 'Autores e textos' e cun novo formato común "máis acorde co estilo" do Consello da Cultura Galega.

O autor da obra analizou na mesma a problemática da falta de dialogo entre a cultura científica e a cultura literaria, que nos seus historia demostraron "mesmo desprezo" mutuo que ocasionou "unha brecha importante" e un debate polémico entre ambas as dúas comunidades.

Así, o catedrático da Universidade de Santiago de Compostela (USC) Darío Villanueva, recordou que en Galicia "estaba claro un posicionamento en contra da controversia" xa que "non se está en condicións de separar ambas as dúas culturas" --ciencia e literatura--, e avogou por chegar a "un punto de linguaxe común". Neste sentido, afirmou que Snow reflicte na súa obra que a única "solución" respecto a esta cuestión recae na "educación e a formación".

 

 

O catedrático de Historia da Ciencia na Universidade Autónoma de Madrid, José Manuel Sánchez Ron, que tamén participou na presentación do libro, explicou que o autor da publicación "estaba destinado a producir este libro" pola "súa educación como físico" que "condicionou a súa forma de ver a natureza e a súa vocación". Ademais, indicou que estivo en "contacto coa literatura" antes de cumprir 20 anos e que viviu en "ámbolos dous ámbitos" separados pola "incomprensión" mutua.

Sociedade