A representación científica de Bas Van Fraassen, en Ferrol

A representación científica de Bas Van Fraassen, en Ferrol

10 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O reitor da Universidade da Coruña, José María Barja, inaugurou esta mañá no salón de actos do campus de Ferrol as XVI Xornadas de Filosofía e Metodoloxía actual da Ciencia, que se celebrarán durante as xornadas do 10 e o 11 de marzo. Baixo o epígrafe Representación e modelos na ciencia: o plantexamento de Bas Van Fraassen, este encontro organizado pola Universidade da Coruña coa colaboración da Sociedade de L&oa

O propio Van Fraassen actuará como relator principal e presentará dúas conferencias. Actualmente, Bas van Fraassen é catedrático de Filosofía en San Francisco State University, tras 26 años como catedrático da Universidade de Princeton. Previamente desenvolveu a súa actividade nas Universidades de Yale, Toronto e Southern California. Ten no seu haber o maior recoñecemento en Filosofía da Ciencia: o Premio Lakatos.

Outros invitados destacados son Maria Carla Galavotti, catedrática da Universidade de Bolonia, que preside o Steering Committee do programa europeo "The Philosolphy of Science in a European Perspective", e Stathis Psillos, catedrático da Universidade de Atenas, que foi presidente da Sociedade Europea para a Filosofía da Ciencia (EPSA). Entre os invitados españois figuran Ángel Nepomuceno, catedrático da Universidade de Sevilla, e Inmaculada Perdomo, profesora Titular da Universidad de La Laguna. As xornadas ofrécense dentro do marco do doutoramento interuniversitario de Lóxica e Filosofía da Ciencia

Sociedade