A responsabilidade dos bancos na venda das preferentes

A responsabilidade dos bancos na venda das preferentes

31 de Maio, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

A Defensora del Pueblo, Soledad Becerril, afirmou en Santiago de Compostela que, se a Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV) "actuase tempo atrás" en relación coa comercialización de participacións preferentes e obrigas subordinadas, "seguramente""cortaría a venda ou parte da venda deste produto".  Con todo, sinalou que o Alto Comisionado ten información relativa ao ano 2008, cando a CNMV se dirixiu &aa

 Becerril mantivo unha reunión de algo máis de media hora co presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, trala que a defensora del Pueblo destacou que a institución da que é responsable ten "queixas" presentadas por galegos que "están aínda á espera do resultado e a información que lles dea o Instituto de Consumo.
Pola súa banda, o presidente da Xunta, insistiu en que a arbitraxe está a funcionar e que seis de cada dez afectados que solicitaron ese procedemento xa recibiron unha solución.
O voceiro parlamentario do BNG, Francisco Jorquera, acusou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, de crear "unha expectativa falsa" de resolución aos problemas dos afectados polas preferentes ao anunciar que nas próximas semanas recuperarán o seu diñeiro 20.000 persoas que teñan depósitos por debaixo dos 10.000 euros. Ademais Jorquera preguntouse se,  aínda sendo certa esta cifra, "que vai acontecer" cos que superen esa contía de depósitos.
A viceportavoz do PSdeG no Parlamento, Carmen Gallego, acusou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, de estar "a cometer unha nova estafa" cos afectados polas preferentes e as subordinadas ao "enganalos" sobre a recuperación do seu diñeiro e non dicirlles que en xuño "van perder os seus aforros" por mor da quita contra a que o PP evitou votar esta semana no Congreso. Gallego pediu que Feijóo “deixe de facer anuncios mediáticos nas sesións de control do pleno e diga a verdade”.

Sociedade