Retómanse os preparativos do Centenario do tren Betanzos-Ferrol

Retómanse os preparativos do Centenario do tren Betanzos-Ferrol

12 de Xaneiro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O 5 de maio do 2013 cúmprense 100 anos da inauguración da liña férrea Betanzos – Ferrol. Os preparativos comezaron xa o ano pasado e continuarán nos próximos meses, con conferencias e mesas redondas, exposicións e con concertos das bandas de musica de tres dos concellos que participan na iniciativa do Centenario, as de Ferrol, Narón e Betanzos.

O presidente da Asociación de Amigos do Ferrocarril Manuel del Río anunciaba esta mañán en Radio Fene a xuntanza que manterán nos próximos dias os alcaldes dos concellos participantes, entre Ferrol e Betanzos, co Director Xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia, Miguel Rodríguez Bugarín, para coordenar as accións deste ano e coñecer a aportación que a Xunta vai prestar ao Centenario.

O que de momento está pechado con respecto aos actos do aniversario no mes de Maio do 2013 é unha grande exposición sobre o acontecemento da inauguración da via férrea entre Betanzos e Ferrol, que se instalará na Feira de Mostras. Sen confirmar aínda está a intención de que o Rei Juan Carlos acuda a ese acontecemento do Centenario.

Nos próximos meses continuarán os actos previos ao Centenario, con mesas redondas, exposicións e musica, que itinerarán polos concellos implicados, Betanzos, Paderne, Miño, Pontedeume, Cabanas, Fene, Neda, Narón e Ferrol.

Sociedade