Retroceso dos dereitos das mulleres

Retroceso dos dereitos das mulleres
26 de Decembro, 2022 - 12:10 h. | Publicada por Radiofusión

A ditadura supuxo un retroceso moi importante para os dereitos das mulleres, segundo a escritora Montse Fajardo. As mulleres necesitaban autorización dun varón para vender unha casa que herdaran da familia ou para abrir unha conta bancaria.

Fotografía: Xan Xe

O fillo de Virxinia Pereira e Castelao, Alfonso ten unha delicada saúde e morre o 3 de xaneiro de 1928. Iso marca definitivamente a vida da parella. Tras a morte de Castelao, Virxinia adícase a defender o seu legado material e intelectual e a súa postura política é claramente galeguista e antifascista. Virxinia fará unha fervorosa defensa do idioma na carta que escribe a Otero Pedrayo, logo de que o profesor utilizase o galego no discurso que o 5 de marzo de 1968 dá na universidade compostelá con motivo da súa despedida das aulas: “Sírvanos (...) o magnífico acto do pasado dia 5, no que por miragre de unha autorizada voz, valente e patriótica, soou, por primeira vez na tribuna do paraninfo, o tronar belido do noso idioma”. Nunha entrevista nun xornal galego en plena ditadura franquista, anima ás mulleres a “que non sintan vergoña por falar o noso idioma, pois é tan bo como calquera”.
 

Cultura

Publica o teu comentario agora