Reunión urxente dos alcaldes da Mancomunidade para abordar o Naval.

Reunión urxente dos alcaldes da Mancomunidade para abordar o Naval.

12 de Setembro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os integrantes dos comités de empresa de Navantia Ferrol e Fene e delegados sindicais de empresas auxiliares siguen mantendo o peche indefinido no Concello de Ferrol ata que se fixe unha data de reunión da comisión de seguimento que tería que decidir sobre a construción do dique flotante. Poucas novidades dende que comenzou o peche, a non ser a convocatoria urxente feita polo alcalde de Ferrol, da reunión da Mancomunidade,ás 19,30h de hoxe. mañ&aac

O desencadeante das protestas foi a carta remitida polo conselleiro delegado de Navantia, Jaime de Rábago, a alcaldes da comarca e membros do comité, na que explica que non se puxo data a unha nova comisión de seguimento porque existen dificultades para atopar "fórmulas de financiamento viables" ante a "escasa rendibilidade do proxecto", en referencia ao dique. O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, entende ademais, a raiz dese comunicado, que Navantia podería expoñerse a unha multa da Unión Europea se acomete o dique flotante.Galego reiterou o apoio incondicional á reclamación dos traballadores.

O alcalde de Ferrol e presidente da Mancomunidade, Jose Manuel Rey Varela, vén de convocar para hoxe, ás 19.30 horas, unha sesión extraordinaria urxente da Mancomunidade de Concellos da comarca de Ferrol que terá como punto da orde do día a situación do sector naval. Esta é unha das medidas tomadas polo primeiro edil da cidade despois de que onte recibise a carta asinada polo conselleiro delegado de Navantia na que manifestaba que a construción do dique flotante tiña escasa rendabilidade económica, afirmación que o alcalde ferrolán non comparte. Tampouco os comités dos dous centros da ría, que ven disculpas, contradiccións e mentiras na anterior visita do responsable de Navantia a Ferrolantes do verán. Escoitamos nesta nova as declaracións realizadas polo presidente do órgani laboral de Fene, Jorge Prieto.

Sociedade