A Rianxeira abre o concerto de Bruce Springsteen en Santiago de Compostela

A Rianxeira abre o concerto de Bruce Springsteen en Santiago de Compostela

03 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

A Rianxeira serviu para abrir o concerto de Bruce Sprinsteen no Monte do Gozo de Santiago de Compostela. Badlands foi a seguinte peza interpretada polo músico americano. Con ela meteuse no peto a un público xa entregado de antemán.  Quero encontrar alguén que me entenda cantaba o músico de New Jersey que deleitou aos seus incondicionais. Out in the street, Hungry heart, Out law pept e Working ona a dream foron outras cancións do concerto do ano.

The Boss chegou a Compostela ás seis e media da tarde procedente de Valladolid nun avión privado. O concerto encheuse con 40.000 persoas procedentes de toda a península. Bruce Springsteen xa ofreceu un concerto no Monte do Gozo de Santiago de Compostela hai 16 anos, en 1993. Esta noite corroborou a súa traxectoria última de comezar as actuacións con cancións tradicionais do lugar. Fixoo así en Bilbao (Desde Santurce a Bilbao) Barcelona (sardana) Sevilla (sevillana) Tenerife (isa) Zaragoza (jota) e Madrid (La revoltosa).

Desorganización na entrada

O acceso ao Monte do Gozo xenerou numerosas protestas diante da escasa axilidade coa que se podía entrar no recinto.  Boa parte do público aturou horas de colas e se escoitaron berros de Organización, dimisión. Antes das 10 da noite as portas se abriron e moitos dos asistentes entraron no auditorio sen ningún tipo de control. En cambio, ducias de persoas que sí pasaran por taquilla tiveron que quedar fora do concerto ao cubrirse as prazas existentes. Afirmaban que a organización non lles deu ningún tipo de explicación.

Cultura