A Rianxeira cumpre 62 anos

A Rianxeira cumpre 62 anos

08 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

A famosa Rianxeira, tal como a coñecemos hoxe, nace na Argentina, en 1947, con música de Anxo Romero e letra de Xesus Frieiro Dourado. Foi estreada en 1948 en Buenos Aires como homenaxe a Castelao. Sae no disco da RCA Victor co título Ondiñas da nosa ría,que co paso do tempo se convertería nun himno. O coro Bernardo del Rio popularizou a melodia en Galicia dende os anos 50.

A canción elaborouse a partir de coplas populares rianxeiras á Virxe de Guadalupe. As festas en Rianxo (A Coruña) en honor da Virxe comezan cada ano, dende 1854, o primeiro domingo posterior ao 8 de setembro.

Sociedade