Ribadavia regresa ao Medievo na Festa da Istoria

Ribadavia regresa ao Medievo na Festa da Istoria

23 de Agosto, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Ribadavia cambia este sábado os euros por marabedís con motivo da celebración dunha nova edición da Festa da Istoria. Unha oportunidade para achegarse ao pasado medieval e xudeu da vila a través de diferentes recreacións. Os festexos comezarán coa lectura do Bando da Istoria e a apertura do Banco da Alhóndiga e o Mercado Medieval. Outr

O obxectivo da Festa da Istoria é lembrar e recuperar as distintas culturas, relixións, oficios e clases sociais daquela época. Por este motivo, en moitas das actividades só poden participar as persoas vestidas de época. A organización tamén recomenda cambiar euros por marabedís porque é un xeito de colaborar cunha celebración que procura o autofinanciamento.

Ribadavia comezará xa a ambientarse o xoves con música medieval na Igrexa e na Praza de San Xoán. O venres pola tarde abrirase xa o Mercado Medieval, poranse en escena varias pezas teatrais, representarase o Auto de Fe, haberá un aquelarre na Praza Maior e a xornada rematará cun grande espectáculo no que se mesturan acrobacias, lume, pirotecnia e música coa Queima do Castelo na fachada.

Cultura