A Ribeira de Barallobre urxe unha solución a Fondomar

A Ribeira de Barallobre urxe unha solución a Fondomar

24 de Xuño, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Veciños e veciñas da Ribeira de Barallobre - Fene- protagonizarán unha concentración o próximo sabado 27 de xuño ás 12 da mañá. Insisten en dar novos usos aos terreos e edificio de "Fondomar". En réxime de autoconvocatoria, ese día informarán da recollida de sinaturas que levaron a cabo e que presentarán no rexistro municipal de Fene con ese obxectivo. Nesta cita informarase das propostas e iniciativas que o

Estes veciños da Ribeira de Barallobre xa entraron o pasado 21 de maio, na campaña electoral, para demandar unha solución ao estado de abandono no que se encontra a zona de Fondomar, para a que pedía a súa rehabilitación.
A través dun amplo comunicado afirmaban, e sígueno facendo, que as instalacións de FONDOMAR S.L. foron unha antiga concesión que volveu ás mans públicas da dirección xeral de Costas e que a veciñanza sofre as consecuencias da falta de propostas para este lugar ou a "inoperancia das administracións". Engaden que o lugar que ocupa Fondomar S.L. vive unha situación de abandono total e de falta dun proxecto de futuro.

Sociedade