Riqueza para o meu veciño, riqueza para mín

Riqueza para o meu veciño, riqueza para mín

18 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Consumir produtos locais crea riqueza na zona. Ese é un dos principios da cooperativa A Xoaniña, unha asociación de consumidores que xestiona a compra de produtos para as persoas socias, con criterios de calidade, sustentabilidade ecolóxica, e cercanía entre o lugar de produción e o de consumo. Venden cenouras, allos, cebolas e tamén carne de tenreira na súa tenda ubicada na rúa Venezuela, 78 en F

A horta á a estrela da Xoaniña. Promocionan a agricultura ecolóxica e adquiren tomates, leituga ou leite no entorno máis inmediato. Evitan así a desertización do rural e indican con fachenda que pagan aos agricultores o doble que as grandes superficies. Aos clientes ofréceselles un produto de gran calidade, sabendo ademais que os cartos non viaxan a grandes distancias. O consumo local redunda en riqueza para o meu veciño que ao remate é tamén riqueza para mín.

Necesitamos facernos máis conscientes do que implica o noso acto de consumo, segundo o xerente da cooperativa A Xoaniña Xan Martinez, quen tamén suliña as dificultades que atopan as persoas que se queren adicar á agricultura ecolóxica. Nese terreo faltan oportunidades de formación seria e rigurosa.  187 persoas forman na actualidade A Xoaniña. Pagaron un capital social inicial de 100 euros cada ún e abonan unha cuota anual de 60 euros. Teñen un desconto medio na tenda de arredor do 10%. A maioria son de Ferrolterra, pero tamén hai persoas asociadas, de Coruña, Santiago, Cariño ou Ortigueira.

Sociedade