ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Folga da recollida do lixo en Santiago de Compostela se Urbaser recorta dereitos no convenio colectivo. Denuncian a pretensión de recortar «sen xustificación» dereitos laborais e sociais, motivo polo que irían a un paro indefinido a partir do 21 de xullo, datas moi delicadas para unha cidade a piques de celebrar o patrono. Mañá venres comenzan as cobilizacións cunha manifestación pola cidade.
O persoal de limpeza viaria e recollida de residuos sólidos urbanos de Santiago de Compostela está disposto a ir a unha folga indefinida a partir do 21 de xullo se a adxudicataria, Urbaser, persiste na pretensión de recortar dereitos laborais e sociais.
O pasado 31 de decembro de 2012 finalizou a vixencia do convenio colectivo que regula as relacións laborais en Urbaser no seu centro de traballo compostelán. Por esas datas, a empresa e o comité constituíron a mesa negociadora coa intención de acadar un acordo para o asinamento dun novo convenio.
Despois de máis de dez reunións, non foi posible chegar a acordos porque Urbaser pretende acometer recortes laborais e sociais «sen xustificación», xa que o Concello de Santiago non lle aplicou á empresa recorte ningún e continúa a pagar o canon establecido no seu día no preceptivo contrato.
Por esta razón, mañá venres, día 12 de xullo, comezarán as mobilizacións do persoal, que se concentrará ás 12 h na dársena de Xoán XXIII para, posteriormente, manifestarse ata o Pazo de Raxoi.
Como xa se indicou, no caso de que non se chegue a ningún acordo nos próximos días, o persoal comezaría unha folga indefinida a partir do día 21. Sabendo as molestias que podería ocasionar a paralización do servizo de recollida do lixo, o persoal de Urbaser pídelle á cidadanía a súa comprensión.