Riscos dos videoxogos

Riscos dos videoxogos
09 de Decembro, 2023 - 12:09 h. | Publicada por Radio Fene

Nova cita no ciclo o Reto de Educar para familias de Fene, Neda e Mugardos. “Adición aos videoxogos” é o tema que se vai tratar o vindeiro luns día 11. Na Casa da Cultura de Fene, ás 18 horas. A pedagoga Anabel Mosquera, que dirixe as sesións, avanzounos que poden aprender as familias nestas sesións sobre temas que lles preocupan. 

ESCOITA O PODCAST:

“Axudar ás familias a comprender os retos que teñen que abordar”. Coñecer estratexias para encaralos. Obxectivo das sesións nas que se levan abordado temas como a sobre protección, o manexo das emocións, agora as adiccións aos videoxogos. “Ser conscientes de riscos”. Por exemplo, nos xogos en liña “non sempre son nenos e nenas os que están ao outro lado e un adulto xogando con nenos e nenas para algo bo non é”. 

“Están deseñados para que o tempo se vaia das mans, son sumamente lucrativos”. A xestión do tempo é un dos problemas que plantexan os videoxogos aos menores. Tamén poden alterar a capacidade para concentrarse. “Moi probable que despois dun rato longo sexa difícil concentrarse para tarefas escolares ou para durmir”. Tamén é grave é a sobreexposición dos menores á violencia nos videoxogos. “O cerebro acostumase a un tipo de reaccións e estímulos e vaise naturalizando, moitas veces a dinámica dos videoxogos con leva insultos”, nun momento da vida no que “o cerebro non está maduro, a personalidade non está formada”.  

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora