Rocío Doce (CIG): “Soben a factura da auga e baixan os salarios dos traballadores“

Rocío Doce (CIG): “Soben a factura da auga e baixan os salarios dos traballadores“

19 de Abril, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O persoal de Emafesa (Empresa Mixta de Augas de Ferrol) realizou desde as once da mañá un paro en demanda dunha solución ao conflicto aberto polo convenio colectivo. Os traballores e traballadoras comezaron, o pasado 30 de marzo, mobilizacións en contra da conxelación das retribucións. Ademais demandan a sinatura dun novo convenio con melloras salariais e sociais.

As medidas de protesta inciáronse tras racharse a mesa de negociación. Os empregados e a CIG- servizos laiánse da falta de apoio amosada pola administración local (pois é unha sociedade participada polo Concello de Ferrol e Urbaser). A vixencia do convenio rematou en decembro de 2008 e desde esa data estáse a negociar un novo. Agora a empresa pretende rebaixar os salarios ofrecendo un incremento por debaixo do IPC, empeorando así, as condición laborais do plantel.  

Traballadores e representantes da CIG percorreron as rúas de Ferrol desde a Praza da Constitución, onde se atopa o inmoble da empresa, até a casa consitorial. Á unha e media, representantes do comité de empresa mantiveron unha xuntanza coa concelleira de Persoal, Sandra Ríos, para buscar unha saída satisfactoria.

Sociedade