A rodaxe da película Outro máis chega a Narón

A rodaxe da película Outro máis chega a Narón

07 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O concello de Narón acolle hoxe a rodaxe da pelicula “Outro mais” dirixida por Ricardo Llovo. As esceas ródanse nun dos comercios da Asociación de Comerciantes, concretamente en Vior Novias, hoxe luns 7 de marzo. Antón Reixa é o productor da cinta.

A vila de Caión foi o primeiro escenario onde se rodou "Outro mais", unha película dirixida por Ricardo Llovo que trata sobre o que acontece nun pobo da costa galega, cando unha marea negra afecta o seu medio de vida e as relacións entre os seus veciños.
 
Durante seis semanas o equipo de rodaxe integrado por vinte actores e mais de cuarenta técnicos dará vida a historia que transcurre en localizaciós de Arteixo, A Laracha, Carballo, Oleiros ou Narón.
 
No elenco artístico destaca a presenza de coñecidos actores e actrices galegos como María Vázquez, Fran Peleteiro, Marta Larralde e Toñito de Poi. A produción executiva corre a cargo de Antón Reixa.

O director, Ricardo Llovo dirixiu en 2001outro film co mar de fondo, "Xinetes da tormenta" , basada nun dos contos do libro de manuel Rivas "Ela, maldita alma", o film que desenvolve a historia cotiá da vida no mar, as tensións entre os mariñeiros que, tras horas de dura faena, comenzan a ocasionar problemas a bordo dun barco de baixura.

Sociedade