A romaría do Camiñante cumpre 80 anos

A romaría do Camiñante cumpre 80 anos

03 de Xullo, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A parroquia de Barallobre- Fene- celebra este sabado dia 5 de xullo a romaría do Camiñante descoñecido, coa pretensión de reunir no campo da festa numerosas merendas que recuperen o espíritu de antano. A Liga de Amigos de Barallobre organiza unha sardiñada e queimada a partir das 20h e verbena co grupo folk Chiculate. Manuel Vidal agarda que se incremente o número de merendas no campo este ano.

Este ano, se cabe, o Camiñante cobra máis relevancia ao ser a única cita festiva na parroquia xa que este ano non se organizaron as festas patronais do Santiago, segundo o presidente da Liga de Amigos de Barallobre, Manuel Vidal.

O sabado 5, entre o xantar do mediodía e a sardiñada da tarde, desenvolveránse os actos da homenaxe no monumento. Ás 17h sairá o grupo Bolboretas da sociedade en dirección á estrada da Palma. De volta, ás 18,30 empezará na pista o festival coa participación do grupo de baile e cantareiras de Bolboreta e a actuación de Areas do mar e do quinteto tradicional Os Xotas, de Ares. A iso das 20h comezarán a servirse as sardiñas asadas a prezos populares, para dar paso á verbena que ameniza o grupo folk Chiculate.

O Monumento inaugurouse en 1934 nun acto no que interveu Don Ramón Otero Pedrayo, o Patriarca das Letras Galegas. Na praza central dispóñense 12 bancos, cos nomes de persoeiros da cultura.

Sociedade