Roupa de sport e de cerimonia

Roupa de sport e de cerimonia
01 de Setembro, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Roupa de vestir, baño, sport e cerimonia ofrecen en “Un pedacito de mi”, un dos establecementos que participa esta fin de semana no Outlet Fene. Teñen prendas para vestir desde os recen nacidos ata os dezaseis anos. 

Fotografía Xan Xe

Belén López e Sandra González rexentan “Un pedacito de mí”, tenda de roupa infantil na rúa da Fraga, 16 en Fene. O outlet abre en Fene venres e sábado de dez a dúas e de cinco a oito. O domingo abrirá de dez e media da mañá a dúas da tarde. Sumáronse  locais de hostalería como Arrecendo Galego, o Bar O Centro e a cafetería do CCRD Perlío. Ademais ofrecerán grandes descontos e ofertas, Berline boutique, Bualá, Calzados Locay, Dama, El Baul de Bego, Jomer e Kenia. Entre as gangas haberá avances da próxima tempada, contando coa participación de Koralli boutique, Lanas Gena, Lencería Loly Calvo, Lualé 113, Más Sport, Mayka Moda, Costuras, Mi Pachú, Mundo Mayuka, Zapatería Mismores e ZSR Zapatería.

 

Fotografía Xan Xe 
 

Sociedade

Publica o teu comentario agora