Rural con alta velocidade de internet

Rural con alta velocidade de internet
19 de Novembro, 2023 - 12:01 h. | Publicada por Radio Fene

“Teletraballo, servizos de ocio, operacións bancarias... todo no noso día a día pasa por conectarnos á rede”. Medra a demanda de conexións de calidade nos fogares porque o acceso a internet é hoxe “un servizo básico, non ao nivel da luz e o auga pero case”, indica o experto en temas dixitais Iago Varela. O despregamento da fibra óptica, que garante máis velocidade no acceso a internet, centrou esta semana o espazo de Radio Fene Cultura Tecno. Falamos con Iago Varela dos plans en marcha para a substitución das redes de ADSL por fibra óptica.

ESCOITA O PODCAST:

“As centrais de ADSL teñen os días contados. En Fene, as que dan servizo a Vilar do Colo e Maniños en outubro do ano que vén e o entorno da área urbana en maio de 2025, todas teñen que estar transformadas a fibra”. 

“Comparándonos con Europa imos moi ben” na extensión de redes de alta velocidade. O Goberno fixo os deberes con subvencións ás empresas e “iso facilita a extensión da fibra óptica no rural”. Se non tiveran axudas, ás empresas non lles sairía a conta. “No noso rural o principal problema é a dispersión”, lembra o especialista. “Hai casos como no veciño concello de Cabanas no que a fibra chegou antes á zona rural por estas axudas que ao urbano onde as operadoras despregan polos seus medios”. O Goberno acaba de adxudicar o Terceiro Plan Único de alta velocidade, financiado con fondos Next Generation. Na provincia da Coruña a empresa Rede Aberta será a encargada de dar servizo a preto de 9.000 vivendas da Coruña. “Un empurrón moi necesario polo inminente peche das centrais ADSL”. 

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora