Ruta da auga, polo Dia da Auga

Ruta da auga, polo Dia da Auga

07 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A concellería de Medio Ambiente de Fene, organiza unha viaxe a Guitiriz, con motivo do Día mundial da auga 2011. Unha viaxe pola denominada “Ruta da auga” este domingo dia  13 de marzo. O prezo da viaxe é de 18 € incluíndo o xantar.  Sairase as 8,30 da maña da casa do concello.

Os viaxeiros-as chegarán ás 9.30 a Guitiriz, onde os recibirá unha técnica de Turismo. Unha hora despois comezarase a ruta da auga dende San Alberto ata Parga, (uns 6 Km)  parando nas fontes medicinais que se encontran no camiño, como a de Valdovín. En Parga visitarán a feira da localidade O ultimo tramo irá de Parga a Guitiriz (8 Km) con chegada ao hotel balneario. Tralo xantar os que teñan folgos rematarán a pé o final da ruta ata Pardiñas pero cabe a opción de facer o ultimo tramo en autobús.  En Pardiñas visitarase o balneario e o obradoiro do canteiro Ramón Vilar. As reservas para a viaxe fánse no teléfono 981 49 27 07.  

O obxectivo do Día mundial da auga 2011, que realmente se conmemora o dia 22 de marzo,  é centrar a atención internacional sobre o impacto do rápido crecemento da poboación urbana, a industrialización e o cambio climático, os conflitos e os desastres naturais sobre os sistemas urbanos de abastecemento de auga. O tema deste ano, “Auga para as cidades: en resposta ao desafío urbano”, quere alentar aos gobernos, , ás comunidades e ás persoas a participar activamente para respostar ao desafío da xestión da auga urbana.

Sociedade