Só o 20,75 por cento dos mozos e mozas galegos viven dos seus ingresos

Só o 20,75 por cento dos mozos e mozas galegos viven dos seus ingresos

05 de Agosto, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

O Director Xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, presentou esta mañá un estudo sobre a situación da mocidade galega que revela entre outros datos, a porcentaxe de mozos que aínda viven cos seus pais, ou en qué invirten o seu tempo de lecer.

O 65,6 por cento dos mozos e mozas de Galicia comprendidos entre os 15 e os 29 anos aínda viven na casa dos seus pais, mentres que só o 20,75 por cento é quen de vivir exclusivamente dos seus ingresos. 

 

 

Así o revela o estudo "Xuventude Galega 2010", enmarcado no plan Xuventude 2013, e presentado esta mañá polo Director Xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, quen falou entre outros temas do grao de independencia dos xoves, maior nas zonas rurais que urbanas, ou do ambiente que éstes viven na súa vivenda familiar. 

 

Ademais, tamén trata outros temas, entre os que destaca a sexualidade, onde nove de cada dez aseguran ter mantido relacións sexuais completas e estar ben informados sobre o tema, o uso das novas tecnoloxías, onde se produce un claro incremento do uso de internet, ou o uso do seu tempo libre, onde resalta a diminución do porcentaxe de mozos e mozas que asisten ao botellón.

Sociedade