Saboreando o Medievo

Saboreando o Medievo

09 de Xullo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

En Vilalba, a etapa medieval que están vivindo estes días na vila chega tamén á gastronomía. Dez establecementos hosteleiros preparan dende onte e ata mañá vistosas e orixinais tapas acordes con este período histórico.

Dez son os bares que durante estes tres días andan cavilando en cómo facer para elaborar a mellor tapa medieval. Son o Casablanca, O noso lar, o Porras, Plácido, Ruada, Desnivel, Alborada, A nosa casiña. A Escaleira e o Xalurdes. Todos eles están situados na zona Campo de Puente.

Entre os manxares que se van poder degustar hainos de varios tipos. Por un lado, e entre os máis curiosos, destacan a cacheira prensada caseira do bar Plácido, o rabo de toro estofado do Porrás, as exitosas acelgas con piñóns e pasas de A Nosa Casiña ou o cordeiro á mel do Alborada. Tamén as hai enxebres, coma as que ofrece o Casablanca, con potaxes e guisos medievais ou o Porrás, con liscos e patacas de carabela ou guiso de xabarín.
O Noso Lar decántase por ofrecer perdiz, corzo ou molleja de tenreira  mentres que o Ruada aposta pola tapa máis común pero adaptada, como poden ser as albóndigas medievais.

A Feira Medieval deixase ver, polo tanto, tamén na comida: un gusto para o padar con sabor a medievo.

Sociedade