A salvo os tripulantes do Nosa Cantiga

A salvo os tripulantes do Nosa Cantiga

07 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

Sans e salvos atópanse os tripulantes do pesqueiro galego Nosa Cantiga. O barco foise a pique na tarde de onte fronte ao litoral portugués, á altura da localidade de Esposende. A bordo ían oito tripulantes: cinco deles galegos, dous de Ghana e un de nacionalidade rusa.

Todos eles atópanse a salvo despois de que os rescatara un barco de guerra da Marina lusa. Todo apunta a que unha vía de auga foi a causa do sinistro. Ás dez desta mañá o capitán e mariñeiros do Nosa Cantiga prestarán declaración sobre o sucedido ante a Policía Marítima Portuguesa. A esa hora está previsto que cheguen ao porto de Leixoes, nas cercanias de Porto.

 

O Nosa Cantiga era un arrastreiro conxelador de 30 metros de eslora. Saira horas antes do porto de Marín (Pontevedra) e dirixíase cara as Illas Canarias. 

Sociedade