San Sadurniño prepara a VI Feira Rural

San Sadurniño prepara a VI Feira Rural

09 de Agosto, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de San Sadurniño ultima os preparativos da Feira Rural deste ano, que se celebrará na zona da Cortiña o sábado 30 de agosto. A feira desenvolverase durante todo día con mostras de produtos da terra, concursos, música, artesanía e outras actividades paralelas. O evento pretende ser unha chamada de atención sobre a necesidade de diversificar a economía rural dun xeito sustentable e aproveitando todos os recursos que ofrece o cont

Calquera persoa que estea interesada en comercializar os seus produtos na VI Feira Rural debe inscribirse previamente. Hai varias maneiras: presentando a folla dispoñible na web municipal debidamente cuberta no rexistro municipal, enviándoa ao Concello por correo -Lugar do Casal nº 16 - 15560 San Sadurniño- ou por medio da conta de correo electrónico agustin.perez@sansadurnino.dicoruna.es. Neste mesmo enderezo pode obterse máis información, ademais de nos teléfonos 616 332 919 e 981 490 027.

Sociedade