San Valentín, a primeira sardiñada

San Valentín, a primeira sardiñada

15 de Xuño, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O CPS de San Valentín- Fene- convídanos puntualmente á cita coa primeira sardiñada do San Xoán. No paseo marítimo, entre o colexio e o pavillón, e con carpa, serviránse unhas 400 racións de peixe.
Como todolos anos, o dia elexido é o sabado anterior ao San Xoan, polo tanto este sabado dia 18. Será a primeira sardiñada da temporada en Fene.

 Os do Centro de Promoción Social de San valentín pretenden poñer prezos populares dependendo do prezo ao que vai a sardiña este ano . 3-4 sardiñas cos seus cachelos, pan e viño, incluiránse na ración. O presidente do CPS, Juan Miraz.
 As sardiñas encárganse na peixería do barrio. Sobre as 9 menos cuarto da noite empezarán a despacharse. Unhas 20 persoas do CPS e do barrio implícanse no traballo da sardiñada. Pero antes, o famoso mago Martín actuará pola tarde, contra as 6.30,  e despois haberá xogos populares para os pequenos-as. O Trío Pasión amenizará a sardiñada o sabado en San Valentín.  
O CPS deixará a carpa posta para o domingo 19 para a IV Xornada de Convivencia organizada polo concello.  

Sociedade