Sanidade e Ensino públicos, por eles.

Sanidade e Ensino públicos, por eles.

27 de Xuño, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Para defender o ensino e a sanidade públicas, coincidirán duas movilizacións esta tarde en Ferrol, a da Plataforma na defensa da Sanidade Pública e a Plataforma en defensa do Ensino Público. “Pola defensa da sanidade pública. Contra os recortes, as privatizacións e o repago”. Por iso se movilíza a comarca de Ferrol esta tarde.Pola retirada da LOMCE convoca a outra plataforma.

Sanidade Pública.

A Plataforma na defensa da sanidade pública e SOS sanidade pública, convocan unha manifestación que sairá ás 7 da tarde da Praza de España. Os convocantes salientan as deficiencias da área sanitaria entre as que reclaman a posta en funcionamento do 100% do hospital naval e que non pechen o Novoa Santos nin ningún PAC. A Plataforma demánda a construcción dos novos centros de saúde en Narón, Ares, A Capela e Cedeira e a construcción dun centro de referencia de Enfermidades Profesionais. Reducir as listas de espera, atender a todo o mundo, aínda que non teñan papeis tamén son reclamados pola Plataforma cidadá. Por último a movilización desta tarde en Ferrol reclama a posta en marcha dos Planos de Mellora da Atención primaria, de Saúde Mental e Drogodependencia.

Ensino Público

A Plataforma en Defensa do Ensino Público convocou mobilizacións en toda Galicia contra o proxecto de Lei de mellora da calidade educativa (LOMCE), que se está a tramitar e que provocará, segundo a plataforma, «un retroceso de máis de tres décadas nun sistema educativo que custou moito esforzo construír». En Ferrol, a manifestación sairá ás 19 h do edificio administrativo da Xunta.

Sociedade