Santiago e Porto vogarán no Miño como Oxford contra Cambridge

Santiago e Porto vogarán no Miño como Oxford contra Cambridge

17 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Así como Oxford e Cambridge dirimen de xeito tradicional a súa rivalidade vogando a toda velocidade polas augas do Támesis, as universidades dun e doutro lado da Raia pretenden confraternizar grazas a unha regata por augas do río Miño. A Fundación Centro de Estudos Eurorexionais Galicia-Norte de Portugal é a institución que lle deu azos a esta idea que xa se está a negociar coas institucións públicas que deben fornecer os permisos

A regata non é o único proxecto dunha fundación que vén traballando por crear sinerxías entre dúas comunidades universitarias que comparten afinidades culturais e raíces lingüísticas e que, xuntas, lle dan abeiro a 150.000 estudantes e  11.000 mestres e investigadores entre as tres academias galegas e as tres portuguesas. A Eurorrexión, lembra Ferrás, “é unha oportunidade para facernos un oco no mundo dacabalo de 6 millóns e medio de habitantes”. O Centro de Estudos desenvolveu xa un campus universitario virtual entre cuxas actividades sobrancea un Clube de Lectura, tamén en rede, e no que agroma o debate entre lectores galegos e lusos que comparten mutuamente o coñecemento.

O Clube de Lectura está a disposición de todos os interesados, formen parte ou non da comunidade universitaria, no enderezo de internet www.fceer.org.

Cultura