A secretaria municipal de Barreiros investigada por unha presunta trama de corrupción urbanística

A secretaria municipal de Barreiros investigada por unha presunta trama de corrupción urbanística

16 de Decembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

O alcalde de Barreiros, o popular Alfonso Fuente, vén de confirmar a apertura dun expediente de investigación sobre a secretaria municipal, María Antonia Martínez, ante unha presunta trama de corrupción urbanística. Esta medida adoitase tras a presentación por parte dun promotor lucense con obras no municipio, de documentación na que se involucra supostamente á funcionaria en certas irregularidades urbanísticas.

O rexedor considera necesaria esta investigación polos intereses dos veciños de Barreiros e comprometeuse a acelerar e axilizar ao máximo este trámite. Ademais o colectivo de constructores afectados quere que se depuren responsabilidades, canto antes, pois afirman que “está en xogo a seu prestixio”.

Pola súa banda, desde o principal grupo da oposición (BNG), cualifican de sospeitoso que todo se produza días despois de coñecer unha sentenza do xulgado do contencioso- administrativo de Lugo na que se anula unha licenza para levantar catro edificios con 173 vivendas. Os nacionalistas avogan por unha investigación xudicial e achacan o acontecido á “desastrosa xestión do alcalde de Barreiros”.

Institucional