Segredo de mar

Segredo de mar
05 de Maio, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Só hai dous meses que abriu en Fene O Café dos Segredos, mais a acollida deste local situado na Avenida das Pías está a ser excepcional. Dende as cinco da mañá xa podemos tomar tortilla, bocadillos, tostas, cafés…dentro dun acolledor espazo que participa no XIII Concurso de Tapas de Fene cun "segredo de mar".

 

ESCOITA O PODCAST:

“A tapa que ofrece O Café dos Segredos é un saquiño feito dunha crepe salgada e leva un recheo de marisco (mexillón, gamba…) a modo de bechamel. O saco ven simulando un pouco onde se garda o segredo, pechadiño. É como o peto das dilixencias do oeste. Un segredo de mar”, desvela Luís López, propietario de O Café dos Segredos. O dono do local, coñecido por ‘Luigi’, adiántanos tamén que moi pronto ampliarán a súa carta ofrecendo gastronomía artesanal que contará con reparto a domicilio para que ningunha parte da veciñanza se quede esquecida.

Na imaxe, Luís López ‘Luigi’, propietario de O Café dos Segredos.

Fotografía: Xarda

Sociedade

Publica o teu comentario agora