Segunda detención nun mes para un activista contrario ao porto de Massó

Segunda detención nun mes para un activista contrario ao porto de Massó

20 de Xullo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Un veciño da localidade pontevedresa de Cangas, Tiago Pérez, coñecido activista do Foro Social desta localidade foi detido esta mañá por efectivos da Guardia Civil, ao negarse a retirar o seu vehículo da entrada das obras do porto deportivo de Massó onde non hai ningún sinal de prohibición. Os axentes do instituto armado protexían a entrada de maquinaria pesada ao lugar onde se están a desenvolver os traballos, que o Foro Social co

Sobre as 9.00 horas a Guardia Civil instou a Tiago Pérez a que retirase o seu vehículo, estacionado xunto ao valo de entrada das obras, para permitir o acceso dun camión cun guindastre, algo ao que o mozo negouse, porque "non había ningún sinal de prohibido aparcar", segundo informan as axencias de prensa. As testemuñas aseguraron que os axentes levaron “arbitrariamente” detido a este veciño de Cangas, que tamén foi arrestado o pasado 13 de xullo no mesmo lugar por un suposto delito de coaccións.

Sociedade