Seleccionada para a BS21

Seleccionada para a BS21
13 de Maio, 2021 - 12:39 h. | Publicada por Radio Fene

Noa Pazo fixo unhas probas de selección no circuíto de Outeiro de Rei hai unhas semanas para unha copa que se vai correr en Galicia. Coincidirá e compartirá pista coas carreiras do Campionato Galego e o MotoRace VF Challenge. Houbo seis seleccionados e entre eles Noa. A Copa chámase BS21. Borja Sánchez, expiloto do Mundial Super Sport 300,  organiza a proba. Aos seleccionados lles poñen as minimotos polini novas a estrear e adaptadas a cada piloto. Ademais teñen licencias e inscrición de carreiras de balde.

ESCOITA O PODCAST:
Noa Pazo en Radio Fene. Decembro de 2020

A Noa, e ao seu irmán Brais, gústalles a motocicleta e a familia os apoia. Pero a nai de Noa, Rebeca Blanco recoñecía a finais do ano pasado que "se pasa mal nas carreiras polo medo aos accidentes". Noa Pazo, con 8 anos, aluna do CEIP O Ramo de Barallobre en Fene correrá este domingo no circuíto de Outeiro de Rei en Lugo. 

 

Fotografía de Xan Xe Corral. Noa Pazo en Radio Fene. Decembro de 2020.
 

Deportes

Publica o teu comentario agora