A Semente vai dando froitos

A Semente vai dando froitos

11 de Febreiro, 2016 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Semente vai dando froito. A escola infantil en galego ubicada en San Mateo en Narón continua con actividades. Semente Trasancos anuncia a celebración da segunda edición do seu festival Musicas para a Semente.

Celebraráse o domingo vinteun de febreiro e conta cun cartaz de luxo. Participarán Guadi Galego e Roberto Cribeiro, Olga Brañas e Andrea Picos de Pitusa Semifusa. Presentaráse o CD Músicas para a semente. Presentarán o evento o actor e debuxante Leandro Lamas e a actriz Silvia Casal. Sortearáse entre os asistentes un cadro do deseñador ferrolán Juanlu. As entradas pódense mercar no Muiño do Fabal en Narón, na Fundación Artabria de Ferrol, no Bar Futbolín e Varadoiro de Pontedeume e no Auditorio de Narón omesmo dia do festival. A entrada é de balde para os menores de sete anos. Segundo festival Müsicas para a semente. No Auditorio de Narón o domingo vinte un de febreiro ás seis da tarde.

Sociedade