Sen fortuna

Sen fortuna
29 de Novembro, 2022 - 02:14 h. | Publicada por Radio Fene

Segue a mala racha para o Maniños na Segunda División Galega de fútbol feminino. Perdeu en Oleiros na oitava xornada Atlético San Pedro 2-0 Maniños. Marcador en contra a pesar de que foi un encontro “bastante igualado, moi equilibrado, xogamos un dos mellores   partidos da tempada, pero temos un déficit co gol”, describe o adestrador Juanjo Iñiguez, Cebolo

ESCOITA O PODCAST:

“Unha acción desgrazada” condicionou o partido.”Nun córner metémolo en propia meta, cando estabamos traballando ben e aguantando a un equipo que vai arriba, xogan ao fútbol moi ben e estabamos dando un pouco de guerra”, explica o técnico. “O segundo foi nunha acción individual, na segunda parte”. Iñiguez fai autocrítica.“Dámoslle moita vantaxe aos rivais”. Así e todo, defende que as xogadoras “están moi atentas a aprender, nótase moito que é o primeiro ano, penso que é un pouco de falta de experiencia, pero os ánimos están a tope”.

Deportes

Publica o teu comentario agora