Separounos do realismo para introducirnos na abstracción

Separounos do realismo para introducirnos na abstracción
09 de Outubro, 2019 - 12:35 h. | Publicada por Radio Fene

Unha exposición colectiva de pintura, fotografía e escultura prepárase na Casa da Cultura de Fene. Verémola no mes de novembro baixo o título de “Sinerxía 1+1 = 3”. Participan tres artistas: Ladislau da Regueira aporta esculturas abstractas, Juan Sobrino pinturas e Malena Carballo, fotografía e pintura. Decidiron facer esta mostra conxunta porque a unión é a forza, a sinerxía entre tres artistas diferentes.

ESCOITA O PODCAST:
Malena Carballo en Radio Fene Radiofusión

"Ladislau como mestre, separounos do realismo e introduciunos na abstracción" sinala Malena Carballo. Define a súa obra como figurativa e abstracta a un tempo, e manifesta inspirarse noutros pintores, na paisaxe, pero sobre todo nas emocións. Confesa admirar a Saul Leiter, fotógrafo de rúa, estadounidense con alma de pintor.  “Doniños Beach, unha paisaxe ensoñadora” é o tema central das fotografías que exporá nesta mostra. Doniños é a súa praia e durante dous anos acudiu ao areal coa cámara na man para inmortalizalo. A técnica empregada semella pintura. A exposición Sinerxía 1+1 = 3 abrirase na Casa da Cultura de Fene o 22 de novembro e alí permanecerá ata o 17 de decembro.

Cultura

Publica o teu comentario agora