Sergio Pazos reta aos Mayas

Sergio Pazos reta aos Mayas

20 de Decembro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Sergio Pazos celebra o fin do mundo no Paraíso Perdido, o venres 21. Será unha noite especial, onde poida que acábese o mundo segundo profetizaron os mayas, pero que se se acaba... pois que nos pille partidos de risa. O cómico galego, Sergio Pazos, leva o seu espectáculo, "Se galego my friend" a partir das 23:00 h á sala Paraíso Perdido (C/ Bolivia, 10, Vigo).

Todo o mundo coñece a Sergio, El forma parte da cultura galega, como o Cocido, o Marisco,  o Albariño, o Licor Café ou o "malo será... ". O gran actor e humorista ourensán, colaborador en grandes programas como Pratos Combinados ou Caia Quen Caia, presenta no Café Teatro "Paraíso Perdido" o seu novo traballo "Se galego my friend" que toma como referencia unha entrevista a Bruce Lee nos anos 50, que posteriormente se converteu nun anuncio de éxito: o "Be water, my friend!". Trátase dun espectáculo politicamente incorrecto, divertido e intelixente, onde desfilan acedas referencias a Zapatero, Rajoy ou a Familia Real, ademais doutras referencias da actualidade.

Será unha noite especial, onde poida que acábese o mundo segundo profetizaron os mayas, pero que se se acaba... pois que nos pille partíndonos de risa!! e con ninguén mellor que con este pedazo de artista ! Entrada anticipada 8 euros no local; 10 Euros en despacho de billetes. Aforamento limitado.

Sociedade