Sestayo: Temos unha sanidade de ricos e pobres.

Sestayo: Temos unha sanidade de ricos e pobres.

09 de Outubro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A candidata do PSOE,  Beatriz Sestayo participou esta mañán  nunha entrevista no programa A Fenestra de Radio Fene, despois de almorzarse na prensa o resultado do debate entre Pachi Vázquez e Núñez Ferijoo da noite anterior. Ela, que o seguíu dende a sede socialista, non tiña ningunha dúbida de quen gañou.

Aseguróu  a candidata nº 3 dos socialistas que, de gañar o PP estas eleccións, non nos quepa a menor dúbida de que as pensións están ameazadas. De todolos recortes aos que asistimos nos ultimos tempos, os que máis lle cabrean son os da sanidade pública que, segundo as suas palabras, entre privatizacións, copagos e a exclusión de inmigrantes, o PP convertíu
nunha sanidade " de ricos e pobres".

A candidata socialista verá esta noite o debate de Pachi Vázquez e Francisco Jorquera no local de campaña xunto con militantes socialistas.

Sociedade