Sfhir volve a Fene

Sfhir volve a Fene
11 de Marzo, 2024 - 04:32 h. | Publicada por Radio Fene

Fene ten o Mellor Mural do Mundo e o artista que o pintou, Hugo Lomas, Sfhir, vai recibir este martes o seu premio nun acto na rúa da Fraga, diante do edificio que lle serviu de lenzo ao artista urbano, segundo anunciou en Radio Fene a concelleira de Promoción Económica, Ángeles Coira.

ESCOITA O PODCAST:

Nun acto público que se celebrará este martes, ás seis da tarde, terá lugar a entrega do premio que acredita a Sfhir como autor do Mellor Mural do Mundo 2023. “Esperamos que o tempo acompañe”, desexou a concelleira. Representantes da plataforma Street Art Cities viaxarán a Fene para facer entrega do galardón ao artista urbano madrileño. A muller que toca o violoncello na parede do edificio número 64 da rúa da Fraga é hoxe un reclamo para Fene, como recoñeceu Ángeles Coira, que destacou o éxito da organización do Perla Mural Fest na súa primeira edición e garantiu que o Concello volverá apoiar este ano a iniciativa en lembranza da icónica sala Perla.

Sociedade

Publica o teu comentario agora