Sillobre despide o verán

Sillobre despide o verán

09 de Setembro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Sociedade Agarimo de Sillobre celebra este domingo unha festa de Fín de vran que terá en vilo á parroquia durante toda a xornada, dende as 9 da mañá co anuncio das bombas de palenque, ata as 9 da noite coa festa da espuma. Doce horas de diversión para todolos públicos con especial atención aos máis pequenos.

As actividades arrincan ás 11 da mañá cun partido entre solteiros-casados mixto. Ńa pista polideportiva comezará ás 12 o circuito de kars a pedais mentres á mesma hora comezará a percorrer as rúas de Sillobre a charanga DGT.
O xantar comezará ás 14,30 no local de Agarimo, a base de paella que custará 5 euros aos socios e 10 aos non socios. A reserva está aberta en Agarimo ata o venres día 12.

Tralo xantar comezarán os xogos populares no parque e ás 16h vovlerá actuar a charanga DGT.
Os pequenos aínda disfrutarán no adro da igrexa de Santa mariña de inchables e toro mecánico dende as cinco, así como dun tobogán acuático. O fín de verán de Agarimo rematará coa Festa da espuma ás 20,30h.

Sociedade