Sillobre espabila para ter unhas boas festas no 2015

Sillobre espabila para ter unhas boas festas no 2015

27 de Xaneiro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Sillobre empeza o ano 2015 con novas iniciativas de cara ás festas patronais, entre elas a venda dunha rifa e unha cea-baile no mes de marzo. O cartel musical de Santa Mariña e San Ramón xa está apalabrado, segundo nos adianta un dos membros da comisión de festas, Eloi Sardiña, que confirma que pechará as festas do 2015, El Combo dominicano.

Como as orquestra no veran custan moitos cartos, a comisión organiza no mes de marzo unha populosa cea-baile que celebrarán en Casa Peizás na Capela porque nos restaurantes de Fene non teñen cabida para tantos comensais, segundo explicou Xosé Sardiña. A comisión de festas de Sillobre vende tamén unha rifa co mesmo obxectivo e que venden a un euro.

Paralelamente a parroquia de Sillobre prepara a segunda edición do Encontro de Lavandeiras que queren mellorar con respecto ao ano pasado. Amáis da recreación do proceso de lavado, queren ampliar os actos ao longo de toda a xornada e entre outras propostas barallan unha visita á fervenza do Belelle ou un xantar popular no adro da igrexa. A xornada celebraráse o sábado nove de maio.

Sociedade