Sinaturas en defensa da sanidade pública

Sinaturas en defensa da sanidade pública

08 de Febreiro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Plataforma en defensa da Sanidade Pública presenta unha Iniciativa Lexislativa Popular para frear a tendencia privatizadora da sanidade e para mellorar o servizo que recibimos. Para iso precisa recoller, como mínimo 15.000 sinaturas. A non privatización dos novos hospitais e centros de saúde e a mellora da atención primaria son alguns dos retos que prantexa esta iniciativa lexislativa. Na comarca empezan a recollerse sinaturas o sabado en Ares (A Coruña) con

Para levar o debate ao Parlamento Galego, a Plataforma precisa recoller, como mínimo 15.000 sinaturas, ainda que os membros da Plataforma queren recoller 50.000. O texto xa foi admitido a trámite polo Parlamento Galego.

¿Qué se demanda nesta iniciativa?  Principalmente tres obxectivos:

- Que non desaparezan as áreas sanitarias ligadas a un hospital.

- Un Plan de mellora da atención primaria

- A cubrición das 1000 prazas de persoal pendentes.

A mecánica para a recollida das firmas será a través da colocación de mesas e charlas en entidades cidadáns e centros sanitario. O primeiro acto vai ser este sabado, entre as 11 e a 1, en Ares, un dos concellos que ten pendente a execución do centro de saúde. A Plataforma recollerá sinaturas durante os meses de febreiro, marzo e abril.

Sociedade