A singular persoalidade de Hildegart

A singular persoalidade de Hildegart

08 de Novembro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

De cine semella a peripecia vital de Hildegart Rodríguez Carballeira, un singular personaxe que o Ateneo ferrolán rescata da memoria no Congreso Hildegart que se celebrará en Ferrol do 5 ao 8 de decembro, coincidindo co centenario do seu nacemento. Unha conferencia de Rosa Cal o día 5 inaugurará o congreso que rexistra xa 22 traballos que abordan aspectos diferentes de Hildegart e do tempo que lle tocou vivir. Entre eles destaca algúns novidosos chegados dende

Entre o sabado 6 e domingo 7 de decembro iránse presentando as 22 propostas científicas, chegadas de Galicia, Madrid, Braga, Cataluña, Australia, Francia ou Norteamérica. Alternaranse no medio con poesía ou proxeccións audiovisuais como a curtametraxe “ The red virgin” da americana Sheila Pye (2011).

O último día, o domingo 8 de decembro, a organización levaranos de roteiro por algúns dos lugares que Hildegart frecuentaba cando viña a Ferrol, como o Centro Obreiro de Cultura ou a casa do crego Usero, empezando pola casa da nai, na rúa Magdalena, a 50 metros do Ateneo ferrolán. O seu presidente, Eliseo Fernández.

Antes do congreso, o Ateneo presentará un libro sobre Hildegart, cuxa foto de portada serve como logo do propio congreso. O acceso ao Congreso é aberto pero cabe a posibilidade de  inscribirse na páxina web  congresohildegart.ateneoferrolan. org para ter dereito a diferente  documentación e un diploma.

Sociedade