ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Responsables da Sociedade Galega do Medio Ambiente impediron o pasado martes o acceso dun dos camións da recollida de voluminosos procedente do Concello de Fene.
Ao parecer o vehículo portaba electrodomésticos cualificados por Sogama como “non aptos” para a pranta. Dende a Concellería de Servizos denuncian que a empresa está aplicando anticipadamente un novo regulamento sobre a recollida selectiva de enseres -que entrará en vigor a comezos do mes de setembro- e aseguran que denunciarán o caso perante a Xunta de Galicia.
Ademais piden paciencia aos veciños/as de Fene que estes días están a demandar a recollida dalgún voluminoso. Segundo asegurou a Radiofusión o concelleiro responsable desta área, por mor do incidente con Sogama, o servizo está paralizado nestes momentos á espera de que o Concello atope algunha solución.