Solicitan o mantenemento das sucursais das caixas de aforro

Solicitan o mantenemento das sucursais das caixas de aforro

06 de Agosto, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Corporación de Fene quere que se manteñan as 4 oficinas do término municipal das dúas caixas galegas. O obxectivo é que, unha vez levada a diante a fusión entre Caixanova e Caixa Galicia, as oficinas que teñen estas dúas entidades en San Valentín, Fene, Perlio e Maniños non pechen.

Segundo explicou o voceiro do BNG Manuel Polo, as caixas de aforro teñen unha finalidade pública que debe primar á hora do mantenemento do servizo que na actualidade se presta no Concello de Fene. Os nacionalistas presentaron unha moción no pleno nese sentido que logrou o respaldo de todos os grupos políticos. O alcalde Ivan Puentes asegurou que desde Caixa Galicia reiteran que a oficina de San Valentin unicamente se pechou nos meses de xullo e agosto. Volverá xa que logo abrir a comezos de setembro. A pesar diso todos os grupos insistiron na necesidade de manter abertas as 4 oficinas das caixas de aforro. O Pleno da Corporación de Fene reunido no dia de onte tamén aprobou a conta xeral do presuposto do ano 2009, despois dun debate en torno á situación económica e financieira das arcas municipais.

Sociedade