A solidaridade de Hun Yuan para Médicos sen fronteiras

A solidaridade de Hun Yuan para Médicos sen fronteiras

31 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Polideportivo da Gándara acollerá a 1ª Xornada Solidaria da Fundación Hun Yuan a beneficio de Médicos sen fronteiras. Será o sabado 16 de abril. A entrada á exhibición custará 10 € que se destinarán integramente á ONG Medicos sen fronteiras.

A Fundación Hun Yuan está detrás desta iniciativa que se programou simultaneamente en moitos lugares de toda a península.

Na comarca o concello de Narón apuntouse á idea e o polideportivo da Gándara acollerá exhibicións de Tai Chi e Qi Gong durante a mañán do sabado 16 de abril, entre as 11 e as 13 horas.Segundo o responsable da delegación ferrolana da fundación, Xavier Vieites, o público poderá coñecer e practicasras duas técnicas ao tempo que axuda a unha ONG que exporta saúde aló onde a necesitan.

 A delegación galega da Fundación Hun Yuan está no centro Wutang de Ferrol, ubicado na estrada de Xoane 16 baixo, que levará o peso da 1ª Xornada solidaria. Este centro, que no ano 1997 empezou con Tai Chi, ofrece hoxe en día un abultado numero de actividades orientais como a meditación, os pilates ou a danza oriental; pero tamén actividades como a reflexoloxía podal ou a risoterapia.

 

Sociedade