Son Radiofusión nun acto sobre memoria histórica en Francia

Son Radiofusión nun acto sobre memoria histórica en Francia
05 de Maio, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radiofusión

Son Radiofusión participa nun acto sobre a memoria histórica democrática en Francia. O secretario de Son Radiofusión Henrique Sanfiz e o deseñador do libro "Maria Casares. Eu son do océano" Carlos Sardiña desprázanse a vindeira fin de semana a Francia para participar nun evento na localidade de Sepmes. A familia de Pedro Rico Rodeiro organiza a cita en lembranza da vítima da ditadura.

Familiares de Pedro Rico nas fragas do Eume

Pedro Rico, xunto con Constantino López Marcos, foi vítima dun asasinato extraxudicial en 1947. Un grupo de falanxistas e gardas civís secuestráronnos nos seus domicilios e os torturaron ata a morte nun lugar das fragas do Eume. A muller e o fillo de Pedro Rico marcharon logo para Francia onde agora os seus descendentes lembrarán a súa traxectoria.

 

(Na  imaxe familiares de Pedro Rico e Constantino López nas fragas do Eume. 2020)
 

Sociedade

Publica o teu comentario agora