Sonia Verdes cualifica de “charlatanería barata” as medidas da Xunta para atallar a crise do sector agrogandeiro

Sonia Verdes cualifica de “charlatanería barata” as medidas da Xunta para atallar a crise do sector agrogandeiro

02 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

A responsable da área de medio rural do PSdeG no Parlamento de Galicia, Sonia Verdes, respondeu ás declaracións do actual conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, sobre a negociación da cota láctea feita por anteriores gobernos socialistas. A representante vilalbesa acusou ao Partido Popular de utilizar o problema lácteo como unha baza electoral e de non defender os intereses da xente do rural e tildou de “charlatanería ba

“O conselleiro minte sen ningún pudor. Ao PP nunca lle interesaron os problemas dos gandeiros, nunca defendeu os intereses de aqueles que viven no rural. Utilizounos unicamente como base electoral e segue, e demóstrao continuamente, querendo utilizalos sen ningunha vergoña”, opinou Verdes.

 

A parlamentaria lucense explicou os antecedentes que ten a fixación de cotas e culpou ao Partido Popular de “perder o 20% do total da cota asinada”. “Foi o PP quen defendeu en Europa a liberalización das cotas, foron os gobernos de Fraga e de Aznar os que permitiron a especulación coas cotas. (...) Foi o PP o que repartiu no 2003, sendo Arias Cañete Ministro de Agricultura, 550.000 toneladas gratuítas de cota procedente de Europa, seguindo o criterio da proporcionalidade para evitar desequilibrios territoriais. Daquela perdeuse a oportunidade para reestruturar e redimensionar as explotacións leiteiras galegas”, expresou Sonia Verdes.

A deputada pediu ao goberno da Xunta que comece a “poñer en marcha políticas encamiñadas a facer as explotacións máis competitivas e a mellorar a súa rendibilidade”. A vilalbesa incidiu en que “se non se resolve o problema de falta de liquidez que están a sufrir as explotacións galegas, neste momento, moitas terán que pechar as portas, e daquela entón si que non nos quedarán explotacións polas que loitar”.

A Verdes non lle convencen as medidas adoptadas polo executivo autonómico e cualificou o adianto da PAC como “un parche, que non resolve nada”, ademais de adiantar que “os gandeiros non poderán dispoñer das axudas ata o 15 de xuño, cando o Conselleiro prometeu as axudas para o 1 de xuño”. Segundo a deputada do PSOE, desde a Xunta “venderon unha medida estrela que se desinfla soa que supón pan para hoxe e fame para mañá e todo o demais é fume, propaganda e charlatanería barata”.

Sociedade