Sorpresas musicais no Seixo o sabado 8 de xuño

Sorpresas musicais no Seixo o sabado 8 de xuño

05 de Xuño, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Dous talentos musicais naceron en Fene, o da ceramista Carme Romero e o da sua filla, Iria Quintía, estudante de música na especialidade de Guitarra Clásica. As duas, máis a viola de Uxía Onlla, máis a voz do ceramista Francisco Pérez Porto, actuarán o sabado 8 de xuño, ás 19.00h na Sociedade Amigos da Paisaxe Galega do Seixo-A Coruña-

A xove fenesa, Iria Quintía Romero, avanzounos esta mañá en Radio Fene o concerto de guitarra que prepara xunto coa súa nai, Carmen Romero, para esta fin de semana no Seixo. O talento de Iria coa guitarra clásica fai que a rapaza se presente á proba de acceso do conservatorio de Vigo, despois de 13 anos tocando a guitarra. Iria Quintía dará o concerto este sábado ás 19.00h na sociedade de Amigos da Paisaxe Galega. Ao tempo prepara estas duras probas de acceso ao Conservatorio de Vigo , que consisten nunha parte teórica de análise dunha partitura e outra específica, na que Iria tocará 3 cancións que valorará un xurado.

No concerto actuará tamén Uxía Onlla coa viola ademais de contar coa compañía da súa nai, Carmen Romero, da que sen dúbida recolleu a súa paixón pola música. Sorpresa será tamén a actuación do ceramista, Francisco Pérez Porto (fillo de Xosé María Pérez Parallé) cantando.

Sociedade