Suma tres puntos

Suma tres puntos
17 de Outubro, 2023 - 05:45 h. | Publicada por Radio Fene

“Máis ou menos como tiñamos pensado”. Así viu Carlos Carballo, Vinki, adestrador do Perlío feminino, o partido que xogaron o domingo en Oleiros onde se fixeron cos tres puntos en liza. Terceira División Galega de fútbol feminino. Obrero 0-2 Perlío. Falamos do encontro co técnico, coa delegada do equipo, Conchi López, e con dúas recentes incorporacións, Sara e Ana Rodríguez Seoane

ESCOITA O PODCAST:

“O que máis me gustou é que, por momentos, fixemos cousas que estamos adestrando”, sinala o técnico. “O resultado está ben que acompañe, pero saes máis satisfeito cando ves que as cousas que adestramos empezan saír”. Marcaron Judith no minuto 29 e Sofía, no 50. “O primeiro gol nun roubo e o segundo nun tiro lonxano”. 

“Penso que estivo moi ben”, opina Conchi López, delegada do equipo que no último mes incorporou dúas novas xogadoras. As irmás Sara e Ana Rodríguez Seoane que dan os seus primeiros pasos no mundo do fútbol. “Comezando, pouco a pouco”. “Por dúas amigas que temos alí”. Captáronas dúas compañeiras, Sabela e Carla, e xa están ben integradas. A súa posición é de extremo. “Esta semana non puiden xogar”, di Sara. “Eu entrei nos últimos minutos de extremo, tamén xogara o domingo anterior nos Pinares”, lembra Ana.

Deportes

Publica o teu comentario agora