Suspender as eleccións autonómicas é complexo

Suspender as eleccións autonómicas é complexo
16 de Marzo, 2020 - 02:22 h. | Publicada por Radio Fene

Suspender a convocatoria das eleccións autonómicas en Galicia ten un encaixe xurídico complexo, advirte o avogado Xoan Antón Pérez Lema.

ESCOITA O PODCAST:

As eleccións galegas

Suspender a convocatoria de eleccións autonómicas en Galicia, que ao parecer desexan todas as forzas concursantes, ten un encaixe xurídico complexo. Quen afirma isto é o avogado Xoan Antón Pérez Lema. Ao parecer non hai lei prevista para iso nen no Estatuto de Autonomía nen na Constitución española. Afirma o avogado que o Parlamento podería abrir un proceso que o permitira si o presidente da Xunta constata, unha vez ouvidas todas as candidaturas que se presentan aos comicios, que si o 5 de abril estamos en prórroga do estado de alerta non se poden desenvolver as eleccións con garantía. É decir que se non pode haber mobilidade xeográfica das persoas, non se dan os requisitos para poder exercer o dereito a voto. Isto tería que contar co beneplácito da Xunta Electoral de Galicia e contar coa conformidade de todas as candidaturas. Engade Pérez Lema que o Consello da Xunta podería aprobar un decreto de suspensión do proceso electoral constatando que non se dan os requisitos para constituir as mesas electorais, e emitir un informe que debería ratificar por maioría a Deputación Permanente do Parlamento. Está claro que non hai tempo para facer unha reforma da lei electoral, constata Pérez Lema, quen engade que " cando se levante o estado de alarma habería que poñer de novo o reloxo en marcha". É un proceso complexo e require do consenso político.

A xestión sanitaria

En relación á xestión sanitaria, Pérez Lema opina que debe detentala a autonomía porque é quen mellor coñece o territorio e os recursos dos que dispón. O útil do estado de alerta é que o goberno central poña a disposición das autonomías os hospitais privados e mesmo os hoteis así como  o material necesario, por exemplo as máscaras tan necesarias. Outra cousa é a propia xestión que debe adoptar a Xunta de Galicia. "As áreas sanitarias deben dotarse de autonomía de decisión" precisa o avogado, e conclúe que o goberno central ten que facer un uso prudente da xestión sanitaria nun caso excepcional como o presente.

Sociedade

Publica o teu comentario agora