Títeres e poesía para o maxín, en Fene

Títeres e poesía para o maxín, en Fene

17 de Febreiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Biblioteca Municipal de Fene acollerá ás 5,30 da tarde o obradorio "Títeres e poesía" da compañía A Xanela do Maxín.

O Obradoiro "A Xanela do Maxín" ten como obxectivo principal trasladar unha imaxe mental ou idea a unha poesía, e posteriormente levalo a un plano material, para que nenos e nenas poidan experimentar a sensación que se obtén ao crear  unha  peza pequena de títeres a partires dun poema, segundo Céltia Figueira, membro da compañía.
Actividade dirixida a  nenos e nenas maiores de 5 anos. Para participar as persoas interesadas deberán inscribirse na propia Biblioteca ou no teléfono 981342302. Disponse de 15 prazas.

Sociedade