Talento, desgarro e intensidade

Talento, desgarro e intensidade
18 de Xuño, 2021 - 11:39 h. | Publicada por Radio Culleredo

Talento, desgarro e intensidade aporta Silvia Pérez Cruz ao tema “Maneo de Cambre” incluído no primeiro album do dúo Caamaño e Ameixeiras Aire. Co acordeón e co violín queren animar a bailar muiñeira ou xota, pezas tradicionais coas que se pode manter a distancia tan recomendada nesta época Covid. A colaboración de Silvia demostra todo o seu talento e xenerosidade segundo Antía Ameixeiras. “Coñecémola no verán de 2019 nuns Encontros de música ibérica en Catalunya. "Díxonos que tiña unha avoa galega e houbo certa conexión". Despois diso, Antía e Sabela lanzáronse e  enviáronlle unha mensaxe e xa aceptou colaborar no Maneo de Cambre, "un auténtico regalazo". Unha voz propia arranxando pezas de raíz pero cun son particular. Achéganse á música tradicional desde unha mirada respectuosa, indica Sabela Caamaño. 

ESCOITA O PODCAST:
Caamaño e Ameixeiras en Radio Fene Radiofusión

A música tradicional é un ente vivo e en constante cambio. Caamaño e Ameixeiras animan á xente a bailar o solto. A muiñeira e a xota manteñen as distancias, tan importantes nestes tempos de covid. A muiñeira tamén é bailar, aínda que non sexa bailar pegados. No tema Aire deconstruen a coñecida peza de Sergio Dalma.  Antía Ameixeiras realizou estadías en países do Leste de Europa. Aprendín a querer todas as tradicións musicais. "Todas son irmáns e todas nos ensinan cousas. Alí atopou moita hospitalidade, xente que che abre as portas da súa casa e quere compartir a música contigo" conclúe Antía.

Cultura

Publica o teu comentario agora